A miña pintura Amósega da pintura de Ramón Irago. |
Abelardo Bustamante Nado en Cuba no 1898 e finado en Vigo no 1984. Artista adicado habitualmente á paisaxe, é en certo modo identificable con Abelenda e Pintos Fonseca. |
Acuarelas Carnot Pintor das paisaxes Galegas, nas súas acuarelas tenta captar, máis que os lugares, a atmósfera que os rodea. Están realizadas en paraxes onde o espíritu inúndase de paz e de tranquilidade. |
Agustín Pérez Bellas Nado en Vigo no 1925 e finado en Vigo no 1982. Arquitecto de profesión, realizou obras importantes en Vigo e noutras cidades de Galicia. Foi un debuxante irónico, mordaz, cáustico ás veces. |
Alberto Barreiro González Nado en Pontevedra no 1968. A plástica de Alberto Barreiro é unha combinación de elementos que incorporan inxenios de última xeración, como o vídeo e o ordenador, ou a fotografía na pintura. |
Alberto Castro Couso Nado en Bos Aires no 1924. A súa pintura identifícase co cubismo sinóptico e acusa claras influencias de Picasso. |
Alberto Datas Panero Nado en A Coruña no 1935. A súa estética fluctúa desde un neorrealismo persoal ata a abstracción case absoluta, que o emparentarían con Kandinsky e con Dubuffet. |
Alejandro Carro Nado en Lugo no 1964. A pintura combina expresións informalistas con imaxes concretas. |
Alejandro González Pascual Nado en A Coruña no 1930 e finado en A Coruña no 1993. É un investigador da luz. A súa materia é sobria, delgada e cimenta o seu traballo nun debuxo preciso. |
Alex Vázquez A creación toma forma nun acrílico, nun debuxo, encerrada nun cadro e de súpeto quedamos sorprendidos polo estoupido de color e de luz. |
Alex Vázquez Nado en Vigo no 1946. Fundamentalmente paisaxista é sobre todo un paisaxista urbano. |
Alfonso Abelenda Escudero Nado en A Coruña no 1931. Precoz foi a vocación plástica deste personalísimo artista xa que dende neno se viu ambientado por súa nai, a pintora Pilar Escudero, e mais por seu avó, o escultor Escudero. |
Alfonso Costa Beiro Nado en Noia, A Coruña no 1943. Vive a súa nenez na vila natal xunto ó Océano Atlántico. Ós dezasete anos trasládase a Barcelona. O xove galego ten unha vocación definida pero non un oficio concreto, atravesando dificultades na grande cidade ata q |
ArteGulias Galería pictórica dos ourensáns M. P. Gulias y Néstor M. Gulias. |
Barros, Tomás Mostra da súa obra pictórica. |
Culturagalega Directorio de pintores, con información sobre os artistas, a súa obra e críticas da mesma. |
Debuxos e caricaturas de Castelao Colección de obras plásticas en liña deste artista. |
Fernández, Guillermina Contén biografía, mostra de pinturas, sinaturas e outras dedicacións coma o debuxo ou a ouribería. |
Francisco Sutil Barbosa Galería de óleos e datos da súa actividade artística. |
Galería Caixanova Listado de pintores, que nalgún momento expuxeron a súa obra no museo Caixanova. Amósanse as obras pertencentes a Colección de Caixanova, e danse datos bibliográficos dos autores. |
Laxeiro e Antonia Eiriz Artigo de Daymé Grandía Carvajal, alumna da Cátedra Galega, estudiante de Letras da Universidade da Habana. |
Luís Cid Pintor, escultor, e sobre todo debuxante. |
Manuel Cordeiro Monteagudo Nado na Coruña no ano 1927, chega a Bos Aires no ano 1952, e foi na Arxentina onde escomeza a súa máis importante laboura nas áreas do debuxo e a pintura nos principais centros na colectividade galega. |
Presencia galega no Museo Nacional de Belas Artes da Habana No Encontro Galicia-Cuba celebrado en 1999 na Universidade de Santiago de Compostela foi revelándose a existencia dun fondo galego na colección do Museo Nacional de Belas Artes da Habana. |
Sebas Anxo Amosa a súa obra, e fai un extenso percorrido polo seu currículum. |
Urbano Lugrís Unha das máis sobranceiras figuras da pintura galega, coñeceu Bergantiños da man da obra pondaliana. O seu amor por esta terra quedou para a posteridade na Casa do Pescador de Malpica. |
Vacasacra Exposición desta serie de pinturas de Miguel Pinheiro. |
Virxilio Blanco O artista observaba a realidade e logo permitíalle a súa fantasía traballar con ela. |
Arts |
Business |
Computers |
Games |
Health |
Home |
News |
Recreation |
Reference
|
|